Ir a página principal (logotipo del congreso)


Santiago de Compostela, Pazo de Congresos de Galicia del 30 de septiembre al 2 de octubre
18 de diciembre de 2006

Artigos

Nesta sección encontrará documentos de interese, listos para a súa descarga para ser lidos en pantalla, gardados nun disco duro ou impresos. A súa actualización será continua, a medida que vaiamos recibíndoos dos nosos relatores e colaboradores. Se desexa facernos chegar algún material para a súa publicación, escríbanos a congreso@colexioeducadores.com


COMUNICACIONS

E1. INFANCIA E XUVENTUDE

Entre lo Educativo y lo primitivo (Documento en PDF)

La inserción sociolaboral de menores y jóvenes infractores internados en centros socioeducativos (Documento PDF)

Proyecto de creación de un club de tiempo libre (Documento en PDF)

Nivel de ansiedad de jóvenes infractores internados en un centro educativo de régimen cerrado (Documento en PDF)

Educación para la salud y menores infractores (Documento en PDF)

Proyecto educativo individualizado, una propuesta de trabajo educativo

Políticas de infancia (Documento en PDF)

Proyecto coaching menores (Documento en PDF)


E2 ADULTOS

El movimiento educativo democrático de personas adultas (Documento en PDF)

Enfoque comunicativo en educación de adultos (Documento en PDF)


E3 MAIORES

Las personas mayores en los movimientos sociales y de voluntariado (Documento en PDF)

La intervención socioeducativo sobre mayores (Documento en PDF)

Correg ell maltrato, el conflicto y la violencia como espacios de educación social (Documento en PDF)

Campus senior, médula de un programa intergeneracional (Documento en PDF)

Trabajar la identidad personal (Documento en PDF)

Una experiencia de participación de las personas mayores (Documento en PDF)

La producción de materiales didácticos para adultos (Documento en PDF)


E4 MULLER

Experiencia de trabajo con familia unipersonal (Documento en PDF)


E5 ACCION SOCIOCULTURAL

Las ventajas operativas de un marco asociativo europeo (Documento en PDF)


E 7 MINORIAS E INCLUSION SOCIAL

Espacios de Acogida Grupales (Documento en PDF)

Kali-kachi, mujer gitana (Documento en PDF)


E8 INMIGRACION

Aprendiendo con mujeres de Marruecos (Documento en PDF)

La escolarización de los alumnos inmigrantes en la ciudad de Gandía (Documento en PDF)


E9 CENTROS PENAIS

La figura del educador social penitenciario de medio aiberto (Documento en PDF)


E10 INSERCION LABORAL

Taller de empleo como instrumento que fomenta los lazos cívicos y el ejercicio de la ciudadanía (Documento en PDF)


E13 DESENVOLVEMENTO LOCAL

Ecopedagogía en acción (Documento en PDF)

Educación comunitaria y desarrollo rural (Documento en PDF)

Intervcención socioeducativa y dinamización del territorio de Tierra de Trives (Documento en PDF)

(Tierra de Trives Tablas de coomucación) (Documento en PDF)


E14 INSTITUCIONS EDUCATIVAS REGRADAS

El papel de los Educadores Sociales en los Programas de Intervención Socioeducativa (Documento en PDF)

Los centros escolares. Puntos de convergencia de las políticas culturales y el desarrollo local (Documento en PDF)

Aula 15, un recurso para el abordaje de absentismo en la etapa ESO (Documento en PDF)

Dorna (Documento en PDF)


E15 SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA

El Estado del bienestar social y los servicios sociales (Documento en PDF)

Los servicios sociales como contexto para la instucionalización y profesionalización del educador social (Documento PDF)


E16 DISCAPACIDADES

Procesos de exclusión social. Redes de participación en personas con discapacidad (Documento PDF)


E17 FAMILIA

La atención socioeducativa a la familia en los servicios sociales de la provincia de Córdoba (Documento en PDF)

La orientación socioeducativa familiar, respuesta programada de calidad e innovación (Documento en PDF)

Casa de Acogida Montseny (Documento en PDF)

Los estilos educativos familiares en el plan integral de la familia e infancia de la Comunidad Valenciadna 2002-2005 (En breve)


G1 A FORMACION INICIAL

El practicum en la formacin del educador social (Documento en PDF)

Creatividad  y  educación emocional en educación social (Documento en PDF)

Las prácticas de campo de la Diplomatura en Educación Social en Andalucía (Documento en PDF)

Gloria Lisbeth (Documento en PDF)

Valoración realizada por alumnado de Educación Social de la Universidad de Santiago de Compostela de la titulación que estudia (Documento en PDF)


G2 AS POLÍTICAS DE CALIDADE

El papel de la evaluación y de la calidad en el proceso de institucionalización de la Educación Social (Documento en PDF)


G5 OS EQUIPOS MULTIPROFESIONAIS E TRABALLO EN REDE

El educador social en los equipos multiprofesionales. Una experiencia en Bizkaia (Documento en PDF)

Trabajo en red (Documento en PDF)

 
G6 AS POLÍTICAS DE CONTRATACIÓN

Factores sociales que condicionan la inserción laboral del educador social (Documento en PDF)


G8 O LUGAR DA ÉTICA DA NOSA PRÁCTICA

La reflexión de la ética en la práctica de la educación social (Documento en PDF)

Una ética de principios de procedimientos como eje de la labor del educador social en un contexto intercultural (Documento en PDF)

Reflexión crítica sobre la educación social (Documento en PDF)

(Resumen de la reflexión) (Documento en PDF)


G9 IDEOLOXÍAS, CULTURA POLÍTICA E EDUCACIÓN SOCIAL

Cultura pólítica y educación social. Dos realidades condenadas a entenderse (Documento en PDF)


G 11 DEFINICIÓN PROFESIONAL E INSTRUMENTAL

El cuestionario de cambio educativo de la CCE (Documento en PDF)

Hogar Pont (Documento en PDF)

Comunicación Kite congreso (Documento en PDF)





CONCLUSIÓNS IV CONGRESO ESTATAL DO/A EDUCADOR/A SOCIAL

Santiago de Compostela, 30 de setembro, 1 e 2 de outubro de 2004

Conclusións “Grupos de traballo”

Sociedade e políticas socioeducativas.

Formación

Elementos para a construcción dunha identidade profesional

Sociedade e políticas socioeducativas

Nas últimas décadas, as complexas e cambiantes realidades sociais sitúannos ante un mundo sometido a constantes tensións e incertidumes, que no seu interior foron agrandando a súa presenza diversas problemáticas e circunstancias que recordan o peso da pobreza, da exclusión, da marxinalidade, da violencia, do racismo, da guerra, do maltrato, das desigualdades... Anque tamén, a búsqueda esperanzada de cambios e transformacións, de proxectos e realizacións, de retos e propostas... dende os que imaxinar e construir novas posibilidades para un maior y mellor desenvolvemento humano de tódalas persoas, no local e o global, na súa  identidade e a diversidade.

Neste contexto, ao que ainda é preciso re-pensar nas súas sinais de identidade máis profundas, os educadores e educadoras sociais recoñecémonos e afirmamos na nosa condición de axentes dos procesos de cambio social, lexitimados non só pola nosa formación e quefacer profesional senón tamén polas tarefas e responsabilidades que asumimos na construcción dunha cidadanía inclusiva, reivindicativa do protagonismo das persoas, da súa liberdade e igualdade como suxeitos de dereitos. Un logro ao que deberán contribuir as políticas socio-educativas no seu senso máis amplo, integral e integrador.

Asumindo a natureza política da educación, que non existe neutralidade en exercicio profesional das prácticas socio-educativas e das intervencións que promoven, compartindo a necesidade de valorar as circunstancias ideolóxicas –implícitas e explícitas- que rodean toda acción social e educativa,

expresamos a nosa firme vontade de estar presentes na sociedade, participando activamente nas políticas e iniciativas que se promovan, na toma de decisións e as actuacións que delas se deriven nos diferentes ámbitos dos poderes públicos. Porque os educadores cremos que toda acción e intervención no ámbito do benestar social é de responsabilidade pública e debe seguir séndoo, especialmente cando se extende a privatización e a externalización de servizos e das súas prestacións.

Máis que nunca, incorporando a idea de Europa ao traballo cotidiá, coñecendo e comprendendo o importante papel das políticas sociais europeas para construir dende a Educación Social unha Europa social, velando polo cumprimento dos dereitos individuais e colectivos, asegurando unha inversión económica suficiente, priorizando as políticas preventivas, articulando situacións inclusivas e non discriminatorias, con criterios de rigor metodolóxico e de calidade, con capacidade para o traballo en rede e a tarefa compartida con outros profesionais e axentes sociais. En todo caso:

- Estando atentos á heteroxeneidade e diversidade dos grupos sociais cos que intervimos, con frecuencia afectados por situacións estructurais, a inmigración entre elas. Ao respecto, queremos poñer énfase na necesidade de redefinir as políticas de desenvolvemento, especialmente no seu compoñente local e comunitario, incorporando todas aquelas dimensións que permitan configuralo como un verdadeiro proceso de desenvolvemento e/ou transformación social.

- Sendo conscientes da importancia que ten dar continuidade ás políticas públicas, con principios, criterios e decisións que as doten dunha financiación adecuada, concebindo os servizos sociais como un dereito universal regulado por unha Ley Estatal de mínimos, que axude a garantizar a cobertura de necesidades especificas de tódalas persoas, e dos educadores sociais que os atenden, dende o acompañamento e a mediación.

- Igualmente, asumindo que a educación social está inscrita nun xogo de equilibrios que se moven entre o encargo social e a natureza da nosa acción, na que debemos estar atentos, sobre todo no que afecta á posible instrumentalización da información que suministramos ás institucións sobre a nosa intervención e sobre os suxeitos afectados. A necesidade de reflexionar sobre os fenómenos de inclusión e exclusión social, da democracia e democratización da sociedade (en particular dos recursos tecnolóxicos, dos medios de información e comunicación), segue sendo unha cuestión clave e ineludible.

Todo ilo, constituindo retos e desafíos para os que consideramos necesario elevar, entre outras, as seguintes propostas:

- Recuperar e integrar máis profundamente o compoñente de denuncia social e de defensa dos Dereitos Humanos. Tomar conciencia das discriminacións sociais como realidades que nos afectan a todos e a todas, suliñando especialmente as que toman como referencia o xénero e as súas implicacións de carácter educativo, económico, laboral, etc.

- Incrementar as inversións en Desenvolvemento e cooperación internacional. Ao tempo que impulsar dinámicas de desenvolvemento local de base comunitaria, coparticipadas, nas que a figura do educador social é fundamental como mediador e dinamizador dos procesos socioeducativos.

- Coñecer e comprender a natureza e alcance das políticas sociais europeas contribuindo á construcción dunha Europa Social, convertíndonos asimesmo en axentes activos dos cambios de actitudes inherentes a dito proceso. Por ilo, solicitamos das Administracións Públicas o necesario aval e/ou tutela das persoas inmigrantes en relación cos dereitos básicos: educación, sanidade, vivenda, traballo, etc.

-
A creación, por parte dos colectivos profesionais, dun Observatorio que detecte, analice, denuncie e comunique diferentes aspectos do desenvolvementoo da Educación Social en tódolos territorios, das iniciativas, servizos, condicións políticas, circunstancias sociais, profesionais, laborais...

FORMACIÓN

A formación inicial debería sustentarse nunha xeralista de calidade, apoiada nas ciencias da educación e noutras ciencias sociais, abordándose os métodos e técnicas de intervención que se aplican na realidade profesional.

Deberían enfatizarse os contidos relacionados co saber ser e o saber estar, desenvolvendo diversas competencias, entre as cales non debe descuidarse a formación en actitudes e valores fundamentais.

Faise imprescindible reestructurar o practicum e entendelo como un proceso global e sistematizado que permita a presenza efectiva dos distintos ámbitos, así como unha maior fluidez na relación entre o mundo académico e profesional.

A formación inicial debe incorporar metodoloxías que impliquen dinamismo e participación, en consonancia coas funcións profesionais do/a educador/a social. Ademáis, debe adecuarse ás características do seu tempo, que fai imprescindible o traballo interdisciplinar e en rede.

A formación continua orientada á actualización e especialización nos distintos ámbitos da práctica socioeducativa é un deber do profesional, sendo imprescindible a corresponsabilización da administración, as organizacións profesionais e a universidade.

Todo esto debería contemplarse no marco formativo derivado do proceso de converxencia europea, que debería estar presidido polo desexado principio de calidade e unha maior interacción bidireccional entre o mundo académico e o mundo profesional.

Co catálogo de títulos elaborados, debe esixirse da administración o respeto aos distintos perfiles profesionais, establecendo a diferenciación existente entre titulacións afíns (licenciaturas, ciclos superiores, formación ocupacional) e a necesaria interdisciplinariedade e interprofesionalidade.

ELEMENTOS PARA A CONSTRUCCIÓN DE UNHA IDENTIDADE PROFESIONAL

Lo
s educadores/as sociais preséntanse como axentes de cambio social, recalcando a idea de acompañamento-mediación frente á de sustitución. Nesta relación educativa xéranse dilemas e/ou conflictos éticos, cuia resposta profesional esixe o tránsito dunha ética persoal a una ética profesional.

A xestión de conflictos de valor conleva a necesidade de traballar en equipo dentro dun marco común de valores mínimos de referencia. Por outra parte, débense construir instrumentos que faciliten a resolución desos conflictos, como poden ser as guías de boas prácticas.

Constátase a necesidade de ter en conta os límites e as posibilidades da profesión: identificar de qué somos responsables y ante quen somos responsables.

Anque a profesión se axuste ás particularidades de cada ámbito de intervención, débese seguir traballando na construcción compartida dunha identidade común.

Hai que apostar decididamente por unha nova cultura profesional colaborativa que, ademáis de potenciar o equipo de traballo, constrúa redes de intercambio con outros profesionais e servizos.

É tarefa dos colexios profesionais concretar as funcións da profesión para dala a coñecer ás administracións, aos sindicatos, a outros colectivos profesionais e, en xeral, á cidadanía e para poder así participar activamente no deseño das políticas socioeducativas.

Os diferentes colexios, coordinados entre si, deberían representar e realizar un seguimento a nivel estatal das funcións e competencias dos postos de traballo que se ofrecen dende as administracións públicas e privadas.

Os colexios profesionais deben converterse en instrumentos de participación e de intercambio profesional (congresos, seminarios, encontros, etc.), de nexo de unión das diversas sensibilidades da educación social e de colaboración con outros colectivos e entidades formativas. Así mesmo, deben ser garante da memoria colectiva elaborada a partir dos traballos e aportacións realizadas en congresos e encontros anteriores, dentro dun proceso dinámico de construcción da identidade profesional.

Conclusións “encontros por ámbitos”

Infancias, xuventudes, maiores, persoas adultas, mulleres, familias, minorías étnicas, inmigrantes, discapacidades,…baixo estas categorías aparentemente homoxéneas, escóndense realidades moi diferentes que remiten a problemáticas, pero tamén a capacidades e  potencialidades.

Se ben cada colectivo ven caracterizado por unha serie de indicadores específicos que o configuran como tal, destacamos en tanto denominadores comúns a todos eles os seguintes  retos:

- Procurar a súa conceptualización sen adxetivalos, definíndoos dende os séus dereitos, non dende as problemáticas coas que se asocian.

-
Esixir das Administracións Públicas a garantía de que tódalas persoas podan exercer como cidadás e cidadáns da sociedade da que forman parte.

- Propoñer a creación dun Observatorio que detecte, evalúe, denuncie e comunique diferentes aspectos do desenvolvemento da Educación Social na súa praxe.

-
Identificar os diferentes tipos de discriminación que colocan a determinados colectivos en clara situación de desventaxa.

- Redefinir as desigualdades non centrándose en casuísticas individuais e adoptando unha perspectiva que poña a énfase no carácter sociopolítico das mesmas.

- Apelar á necesidade de incorporar a perspectiva de xénero no deseño e implementación das políticas socioeducativas.

- Solicitar aos distintos organismos e administracións un aumento significativo de educadoras e educadores sociais nos equipos multiprofesionais existentes nos servizos sociais, tanto de atención primaria como especializados.

-
Avanzar hacia unha cultura da avaliación, que parta sempre das necesidades das institucións e colectivos, e que nos permita identificar procesos que xeren cambios e melloras nas prácticas educativas.