Ir a página principal (logotipo del congreso)


Santiago de Compostela, Pazo de Congresos de Galicia del 30 de septiembre al 2 de octubre
18 de diciembre de 2006

Noticias


Inaugurado en Santiago de Compostela o IV Congreso Estatal do/a Educador/a Social (30-09-2004)

Perto de 500 Educadores Sociais procedentes de tódo los territorios do Estado iniciaron en Santiago de Compostela o seu IV Congreso Estatal.

É o primeiro Congreso destas características que se realiza en Galicia e hoxe o Pazo de Congresos convertiuse na sede da Educación Social no Estado.

Os Educadores Sociais permanecerán en Santiago dende o 30 de septembro ao 2 de outubro para debater sobre “Políticas Sociais: Retos e propostas no século XXI”.

O Congreso dou comenzo ás 10 da mañá de onte cunha conferencia de Cristina Almeida quen falou sobre “Educación Igualitaria, unha garantía de igualdade”. Conferencia que, debido á traxectoria desta persoa, suscitou grande interese e contou con momentos emotivos.

O Congreso foi inaugurado por D. Miguel Rodríguez Barrio, Director Xeral de Servizos Comunitarios e Inclusión Social da Xunta de Galicia,  Dª Elvira Cienfuegos López, Concelleira Delegada de Educación e Tenente Alcalde do Concello de Santiago de Compostela, Dª Rosa Gómez Díaz, Delegada de A Coruña da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, Dª Flor Hoyos Alarte, Presidenta da Asociación Estatal de Educación Social e D. Alberto Fernández de Sanmaded Santos, Presidente do Colexio de Educadores Sociais de Galicia, Colexio que organiza este acontecemento.

A mañá do primeiro día contou cunha mesa redonda adicada a “Programas políticos e acción social”, onde os tres partidos políticos que actúan en Galicia plantexaron o seu punto de vista. Interviu polol BNG Salomé Álvarez, polo PSOE Mar Barcón e polo PP Elisa Madarro. Mesa que suscitou un debate animado entre os asistentes debido aos diferentes plantexamentos dos componentes da mesa.

A tarde foi de intenso traballo en grupo: 11 temas, como a formación, ética, tecnoloxías, políticas sociais… serviron de punto de encontro e debate dos participantes. Igualmente os participantes agruparonse en torno a 17 ámbitos de intervención, como infancia e xuventude, muller, adiccións, maiores, discapacidades, inmigración, familia… Educadores Sociais de toda a xeografía intercambiando experiencias e reflexións. Un punto de encontro no debate dunha profesión.

Este Congreso foi organizado polo Colexio de Educadores Sociais de Galicia como un dos seus retos máis importantes na súa recente traxectoria.

Santiago convírtese en cidade anfitriona desta profesión en auge. Os participantes terán oportunidade tamén de ter experiencias de interese nela.

______


Presentado o Código Deontolóxico do/a Educador/a Social  (1-10-2004)

No marco do IV Congreso Estatal do/a Educador/a Social que se está realizando no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, hoxe, 1 de outubro de 2004, foi presentado o Código Deontolóxico do/a Educador/a Social.

Este Código é un elemento importante xa que orienta o labor destos profesionais da acción e educación social. Máxime cando estos profesionais acostuman a traballar con persoas de especial vulnerabilidade.

Ao comezo da mañá, o Código foi presentado por  Araceli Lázaro, Educadora Social, de Cataluña e Ikaki Rodríguez, Educador Social no País Vasco. Ambolosdous coordinaron o traballo de elaboración deste código que impulsou a Asociación Estatal de Educación Social (ASEDES)  entre os Educadores Sociais do Estado.

(Texto do código)

Os participantes neste Congreso estiveron hoxe traballando por grupos e por ámbitos de actuación, debatindo inquietudes da súa acción.

Na tarde realizouse unha mesa redonda co título: “O papel do/a educador/a social nas administracións públicas”, na que participaron D. Ramón Rodríguez Gómez, Educador-coordinador da Área de Menores Inmigrantes da Dirección Xeral de Infancia e Familia da Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Andalucía, D. Xosé Manuel Rodríguez Abella, Director do Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela, D. Juan Carlos Mato Gómez, Subdirector Xeral de Programas Sociais da Dirección Xeral de Servicios Sociais e Dependencia do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Definir o seu papel nas institucións, así como a súa acción xunto a outros profesionais da acción social.

Tras o traballo e o debate, hoxe o Congreso prolongarase na noite, xa que os asistentes celebran unha cea e encontro especial con motivo da súa estancia en Santiago.


______


Remata o IV Congreso Estatal do/a Educador/a Social (02-10-2004)

A escritora e conocida xornalista de televisión Carmen Sarmiento iniciou a mañá deste último día de congreso cun relato sobre “Os excluidos: un xornalismo comprometido”.

A media mañá centrou o interese unha mesa redonda sobre “A educación social nos medios de comunicación”, donde interviñeron Joan Sella, exdirector e actual reporteiro do programa de TVE2 “línea 900”, José Paulo Serralheriro, director do xornal “A Página da Educacao”, Manuel Vietes, profesor e director do Instituto Politécnico de Vigo

Chegou o momento da clausura, un acto no que Alberto Fernández Sanmamed, Presidente do Colexio de Educadores Sociais de Galicia, xunto a Flor Hoyos, Presidenta da Asociación Estatal de Educación Social (ASEDES), pecharon este  punto de encontro, reflexión e convivencia en Galicia e abriron un novo periodo ata o vindeiro V Congreso Estatal que se celebrará no 2007 en Castilla La Mancha.

Tamén no acto de clausura, Toni Juliá, Responsable da Oficina Europea da Asociación Internacional de Educadores Sociais (AIEJI) informou sobre o XVI Congreso Mundial da AIEJI que se celebrará en Uruguay no 2005.

A despedida dos asistentes celebrouse no Pazo de Fonseca

Durante 3 días Santiago de Compostela acolleu aos educadores sociais e agora deixan Galicia para incorporarse á súa acción diaria con tódolos colectivos, persoas en dificultad, e diversos sectores da sociedade onde realizan proxectos culturais, educativos, e de acción social.


______


Conclusións dos grupos de traballo (2-10-2004)

Sociedade e políticas socioeducativas.
Formación
Elementos para a construcción dunha identidade profesional

Sociedade e políticas socioeducativas.

Nas últimas décadas, as complexas e cambiantes realidades sociais sitúannos ante un mundo sometido a constantes tensións e incertidumbres, que no seu interior foron agrandando a súa presenza diversas problemáticas e circunstancias que recordan o peso da pobreza, da exclusión, da marxinalidade, da violencia, do racismo, da guerra, do maltrato, das desigualdades... Anque tamén, a búsqueda esperanzada de cambios e transformacións, de proxectos e realizacións de retos e propostas... dende os que imaxinar e construir novas posibilidades para un maior e mellor desenvolvemento humano de tódalas persoas, no local e no global, na súa identidade e na diversidade.

Neste contexto, ao que ainda é preciso re-pensar nas súas señas de identidade máis profundas, os educadores e educadoras sociais recocemonos e afirmamos na nosa condición de axentes dos procesos de cambio social, lexitimados non só pola nosa formación e quefacer profesional senon tamén polas tareas e responsabilidades que asumimos na construcción dunha cidadanía inclusiva, reivindicativa do protagonismo das persoas, da súa liberdade e igualdade como suxetos de dereitos. Un logro ao que deberán contribuir as políticas socio-educativas no seu sentido máis amplio, integral e integrador.

Asumindo a natureza política da educación,

- que non existe neutralidade en exercicio profesional das prácticas socio-educativas e das intervencións que promoven,

- compartindo a necesidade de valorar as circunstancias ideolóxicas –implícitas e explícitas- que rodean toda acción social e educativa,

expresamos a nosa firme vontade de estar presentes na sociedade, participando activamente nas políticas e iniciativas que se promovan, na toma de decisións e as actuacións que de elas se deriven nos diferentes ámbitos dos poderes públicos. Porque os educadores cremos que toda acción e intervención no ámbito do benestar social é de responsabilidade pública e debe seguilo sendo, especialmente cando se extende a privatización e a externalización de servizos e das súas prestacións.

Máis que nunca, incorporando a idea de Europa ao traballo cotidian, coñecendo e comprendendo o importante papel das políticas sociais europeas para construir dende a Educación Social unha Europa social, velando polo cumprimento dos dereitos individuais e colectivos, asegurando unha inversión económica suficiente, priorizando as políticas preventivas, articulando situacións inclusivas e non discriminatorias, con criterios de rigor metodolóxico e de calidade, con capacidade para o traballo en rede e a tarea compartida con outros profesionais e axentes sociais. En todo caso:

- Estando atentos á heteroxeneidade e diversidade dos grupos sociais cos que intervenimos, con frecuencia afectados por situacións estructurais, a inmigración entre elas. Ao respecto, queremos poñer énfase na necesidade de redefinir as políticas de desenvolvemento, especialmente no seu compoñente local e comunitario, incorporando todas aquelas dimensións que permitan configuralo como un verdadeiro proceso de desenvolvemento e/ou transformación social.

- Sendo conscientes da importancia que ten dar continuidade ás políticas públicas, con principios, criterios e decisións que as doten dunha financiación adecuada, concebindo os servizos sociais como un dereito universal regulado por unha Lei Estatal de mínimos, que axude a garantizar a cobertura de necesidades especificas de tódalas persoas, e dos educadores sociais que as atenden, dende o acompañamento e a mediación.

- Igualmente, asumindo que a educación social está inscrita nun xogo de equilibrios que se moven entre o encargo social e a natureza da nosa acción, na que debemos estar atentos, sobre todo no que afecta á posible instrumentalización da información que suministramos ás institucións sobre a nosa intervención e sobre os suxetos afectados. A necesidade de reflexionar sobre os fenómenos de inclusión e exclusión social, da democracia e democratización da sociedade (en particular dos recursos tecnolóxicos, dos medios de información e comunicación), sigue sendo unha cuestión clave e ineludible.

Todo esto, constituindo retos e desafíos para os que consideramos necesario elevar, entre outras, as sguintes propostas:

- Recuperar e integrar máis profundamente o compoñente de denuncia social e de defensa dos Dereitos Humanos. Tomar conciencia das discriminacións sociais como realidades que nos afectan a todos e a todas, subraiando especialmente as que toman como referencia o xénero e as súas implicacións de carácter educativo, económico, laboral, etc.

- Incrementar as inversións en Desenvolvemento e cooperación internacional. Ao tempo que impulsar dinámicas de desenvolvemento local de base comunitaria, coparticipadas, nas que a figura do/a educador/a social é fundamental como mediador e dinamizador dos procesos socioeducativos.

- Coñecer e comprender a natureza e alcance das políticas sociais europeas contribuindo á construcción dunha Europa Social, convertíndonos asimesmo en axentes activos dos cambios de actitudes inherentes a dito proceso. Polo que, solicitamos das Administracións Públicas o necesario aval e/ou tutela das persoas inmigrantes en relación cos dereitos básicos: educación, sanidade, vivenda, traballo, etc.

- A creación, por parte dos colectivos profesionais, dun Observatorio que detecte, analice, denuncie e comunique diferentes aspectos do desenvolvemento da Educación Social en tódolos territorios, das iniciativas, servizos, condicións políticas, circunstancias sociais, profesionais, laborais...

Formación

A formación inicial debería sustentarse nunha base xeralista de calidade, apoiada nas ciencias da educación e noutras ciencias sociais, abordándose os métodos e técnicas de intervención que se aplican na realidade profesional.

Deberían enfatizarse os contidos relacionados co saber ser e o saber estar, desenvolvendo diversas competencias, entre as cales non debe descuidarse a formación en actitudes e valores fundamentais.

Faise imprescindible reestructurar o practicum e entendelo como un proceso global e sistematizado que permita a presenza efectiva dos distintos ámbitos, así como unha maior fluidez na relación entre o mundo académico e profesional.

A formación inicial debe incorporar metodoloxías que impliquen dinamismo e participación, en consonancia coas funcións profesionais do/a educador/a social. Ademáis, debe adecuarse ás características do seu tempo, que fai imprescindible en traballo interdisciplinar e en rede.

A formación continua orientada á actualización e especialización nos distintos ámbitos da práctica socioeducativa é un deber do profesional, sendo imprescindible a corresponsabilización da administración, as organizacións profesionais e a universidade.

Todo esto debería contemplarse no marco formativo derivado do proceso de converxencia europea, que debería estar presidido polo desexado principio de calidade e unha maior interacción bidireccional entre o mundo académico e o mundo profesional.

Co catálogo de títulos elaborados, debe esixirse da administración o respeto polos distintos perfiles profesionais, establecendo a diferenciación existente entre titulacións afíns (licenciaturas, ciclos superiores, formación ocupacional) e a necesaria interdisciplinaridade e interprofesionalidade.

Elementos para a construcción dunha identidade profesional

Os educadores/as sociais preséntanse como axentes de cambio social, recalcando a idea de acompañamento-mediación frente á de sustitución. Nesta relación educativa xéranse dilemas e/ou conflictos éticos, cuia resposta profesional esixe o tránsito dunha ética personal a unha ética profesional.

A xestión de conflictos de valor conleva a necesidade de traballar en equipo dentro dun marco común de valores mínimos de referencia. Por outra parte, débense construir instrumentos que faciliten a resolución de esos conflictos, como poden ser as guías de boas prácticas.

Constatase a necesidade de ter en conta os límites e as posibilidades da profesión: identificar de qué somos responsables e ante quen somos responsables.

Anque a profesión se axuste ás particularidades de cada ámbito de intervención, débese seguir traballando na construcción compartida dunha identidade común.

Hai que apostar decididamente por unha nova cultura profesional colaborativa que, ademáis de potenciar o equipo de traballo, constrúa redes de intercambio con outros profesionais e servizos.

É tarefa dos colexios profesionais concretar as funcións da profesión para dala a coñecer ás administracións, aos sindicatos, a outros colectivos profesionais e, en xeral, á cidadanía e para poder así participar activamente no deseño das políticas socioeducativas.

Os diferentes colexios, coordinados entre si, deberían representar e realizar un seguimento a nivel estatal das funcións e competencias dos postos de traballo que se ofrecen dende as administracións públicas e privadas.

Os colexios profesionais deben converterse en instrumentos de participación e de intercambio profesional (congresos, seminarios, encontros, etc.), de nexo de unión das diversas sensibilidades da educación social e de colaboración con outros colectivos e entidades formativas. Asímesmo, deben ser garante da memoria colectiva elaborada a partir dos traballos e aportacións realizadas en congresos e encontros anteriores, dentro dun proceso dinámico de construcción da identidade profesional.