Ir a página principal (logotipo del congreso)


Santiago de Compostela, Pazo de Congresos de Galicia del 30 de septiembre al 2 de octubre
18 de diciembre de 2006

Sede do Congreso

Plano de las calles adyacentes al Palacio de Congresos. Clic para ver más grande

O Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, situado na cidade de Santiago de Compostela, será a sede de encontro. Moderno edificio adicado a congresos nacionais e internacionais dende a súa inauguración en 1995, a súa situación estratéxica no Barrio de San Lázaro, a moi poucos minutos do centro da cidade, permitirá a congresistas e acompañantes gozar do seu tempo de ocio e descanso.


Santiago de Compostela, a capital da Comunidade Autónoma de Galicia, encóntrase situada nun recanto privilexiado do noroeste da Península Ibérica e no centro equidistante da rexión galega.


O Pazo de Congresos está moi ben comunicado cos accesos xerais á cidade, tanto por estrada como por tren e avión, estando o aeroporto de Lavacolla a 10 Km de distancia e unido por autovía. No mesmo centro da cidade podemos atopar tamén a moderna estación de ferrocarril, con conexións ás principais cidades galegas e do resto do estado. O acceso por estrada  pódese realizar: dende Lugo pola estrada comarcal C-547; dende Ourense, pola estrada nacional N-525; dende A Coruña pola N-550 e dende Pontevedra pola N-550. Estas dúas últimas cidades tamén se encontran unidas pola autoestrada A-9 (Vigo-A Couña). O acceso máis directo ó Pazo de Congresos é a saída 67.

Máis información

Sede web do Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia www.pcgal.org/

Teléfono: 981 552 420