Presentación
Os/as profesionais do campo social necesitamos integrar na nosa capacitación aspectos normativos e legais, a veces esquecidos, que nos axuden a situarnos co referente das teorías socioeducativas e das políticas nas que se enmarca a nosa práctica. Só dende esta confluencia, estaremos en mellores condicións para aportar, como profesionais do cambio que somos, unha lectura política da educación social, e unha lectura educativa das políticas sociais, que repercuta na mellora da nosa acción-intervención e polo tanto na mellora da realidade social.
As educadoras e os educadores sociais, xunto con outras y outros profesionais, planificamos, desenvolvemos e avaliamos plans e proxectos enmarcados nas políticas socioeducativas. Temos a obriga de ofertar e suxerir pautas que orienten o marco normativo, de cara á mellora da calidade dos servicios e das prácticas das administracións públicas e entidades privadas.
Ábrese, polo tanto, neste encontro un espazo para a reflexión e o análise profesional e sociopolítica, da tese sobre a que se fundamentan os modelos e experiencias no ámbito das nosas competencias.
OBXECTIVOS
Análise dos principios e estratexias que compoñen o marco normativo legal das políticas socioeducativas, que enmarcan a realidade práctica dos distintos ámbitos de actuación profesional dos educadores e das educadoras sociais.
Abrir un debate sobre a necesidade do axuste entre os modelos políticos e a prestación dos servizos.
Afondar na fundamentación das prácticas profesionais no marco das distintas concepcións: políticas, teórico pedagóxicas, educativas, sociais e filosóficas.
Elevar as conclusións realizadas ás institucións implicadas.
Idiomas oficiais: castelán e galego. Non se disporá de tradución simultánea. Congreso declarado de Interese Social pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
|